O sábado 2 de maio celebrouse no Pazo de Congresos de Vigo o I Foro de Educación, organizado polo Faro de Vigo.
O noso centro foi invitado a participar xunto con Pedro Sarmiento, coordinador nacional do Proxecto Lóva, para desenvolver o obradoiro “Da emoción á aprendizaxe. Proxecto LÓVA”.
Reproducimos a continuación a referencia que aparecía no programa do Foro:
Obradoiro: “Da emoción á aprendizaxe. PROXECTO LÓVA” -
Impartido por PEDRO SARMIENTO e CPI SAN SADURNIÑO
Pedro Sarmiento e o CPI San Sadurniño impartirán o obradoiro "Da emoción á aprendizaxe. Proxecto LÓVA". Crear unha ópera e lanzar unha mensaxe ao mundo é un gran reto. Para superalo, a clase necesita aprender, esforzarse e traballar unida. Por iso, o coordinador do proxecto, plantexa un taller participativo no que vivir as emocións ás que se enfronta unha clase que se converteu nunha compañía de ópera.. Entre as capacidades que a experiencia LÓVA logrou desenvolver nos estudantes figuran o traballo en equipo, a responsabilidade, a autonomía, a relación ou a conciencia emocional.
Alumnado representante das compañías de ópera Botón, Cazasoños (que no curso pasado participaron no Proxecto Lóva) e Bombiglobo (que está realizando este ano o proxecto), trasládaronse a Vigo, acompañados dos seus pais e dos mestres, para falar da súa experiencia.
Eles sós foron quen de dirixir e organizar os dous obradoiros, facendo que os adultos participasen nunha serie de xogos e dinámicas coas que explicaron o proxecto e respostaron ás cuestións que lles plantexaron na sesión.
Parabéns aos alumnos e alumnas por facernos disfrutar dunha xornada inesquecible pola emoción que souberon transmitir.
Premendo na seguinte imaxe teredes acceso a un pequeno vídeo con algunha das dinámicas realizadas
Ningún comentario:
Publicar un comentario