xoves, 27 de maio de 2021

TITIREANDO



Como inventar unha historia? Como plantexar as escenas? Como escribir o guion? Como construir un títere? Como crear os personaxes? Como dar vida a un títere? Que é unha paleta de xestos?...

Isto e moito máis foi desenvolvido na aula e aquí están os resultados









LÓVA +

Este curso pola situación sanitaria que estamos a atravesar, non puidemos levar adiante o Proxecto LÓVA tal e como o coñecemos e como vimos facendo desde o curso 2013-14 pero LÓVA + é a resposta de LÓVA á pandemia. Continuamos a traballar no camiño da innovación dos procesos artísticos no ámbito educativo para dar resposta a algún dos retos educativos da escola nestes tempos COVID, ofrecendo ao alumnado ensino de calidade a través do prisma das artes.

mércores, 20 de decembro de 2017

O PROXECTO LÓVA NA REVISTA GALEGA DO ENSINO

No número da Revista Galega do Ensino (EDUGA) correspondente aos meses de xullo a decembro de 2017 ven publicado o artigo "Remamos? Olelé" no que comentamos a traxectoria seguida no noso Centro nestes últimos cinco anos desenvolvendo o Proxecto LÓVA.

No seguinte enlace tedes acceso a este artigo.

http://www.edu.xunta.gal/eduga/1443/proxeccions/remamos-olele

PEDRO SARMIENTO E O PROXECTO LÓVA NA BISBARRA DE FERROLTERRA

No seguinte enlace recollemos as opinións de Pedro Sarmiento sobre a implantación do Proxecto LÓVA na nosa bisbarra, despois da visita que realizou polos centros que están desenvolvendo o proxecto neste curso escolar.

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/pedro-sarmiento-maravilla-ver-implanta-lova-comarca/20171213011346210862.html



luns, 20 de novembro de 2017

A COMPAÑÍA BOLBORETA

Novo curso, novos retos, nova ópera... BOLBORETA, ese é o nome da compañía creada en 5º de Primaria. Están tramitando o voo e van tratar o tema da discriminación. Xa están metidos en fariña, e nunca mellor dito, porque unha das actividades que fixeron para financiarse, foi amasar galletas para vendelas o día do Peon...


Amasando con axuda das nais e avoas


Listos para recibir á clientela
Pero que bos compañeiros colaborando co proxecto!

xoves, 29 de xuño de 2017

A COMPAÑÍA DE ÓPERA BOMBIGLOBO REPRESENTA NO TEATRO JOFRE "DE CAMIÑO Á REALIDADE"

Premendo na seguinte imaxe poderedes ver a representación no Teatro Jofre de Ferrol da ópera creada e producida pola Compañía de Ópera Bombiglobo, formada polos alumnos e alumnas de quinto de primaria do CPI San Sadurniño.