luns, 19 de setembro de 2016

Arranca unha nova ópera en San Sadurniño!

Por cuarto curso consecutivo imos desenvolver o Proxecto LÓVA no noso centro. Unha vez máís unha clase convértese nunha compañía de ópera e emprega o curso enteiro a crear unha ópera ou breve musical.A ópera realmente é un pretexto e o obxectivo non é tan so montar un espectáculo inventado pola clase, o importante acontece cada día, O ESPECTÁCULO ESTÁ NA AULA! Trátase dun proxecto de educación emocional para o desenvolvemento da persoa en sociedade. Todos aprendemos (nenos e mestres) que é posible o que parece imposible.
Este curso a compañía estará formada polos alumnos e alumnas de 5º de Primaria.