Dende o mes de outubro estamos a recibir visitas de expertos que informan aos rapaces das diferentes profesións que interveñen nunha ópera. Estiveron con nós os membros da Compañía Cazasoños e algúns de Pegadas Musicais. Cazasoños falaron da súa experiencia participando en LÓVA o curso pasado.
A Compañía Bucanero comparteu un anaco da mañá do luns para falar sobre todo do traballo de intérprete. Os cativos e mais os mestres pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas novas.
O martes pola tarde estivo Nacho Iglesias explicando o chulo que resulta escribir, o que sinte o escritor cando ve a súa obra representada no escenario e o efecto que iso produce noutra xente.
Tamén nos visitaron Elena Beceiro e Adrián Castro, alumnos que formaron parte da compañía Pegadas Musicais, e que nos contaron como foi a súa experiencia como directora de escena e como director de produción.
Roberto Grandal estivo con nós para achegarnos un pouco máis a todo o que ten que ver co traballo de produción. Preparamos un corto que dura un minuto e pasámolo xenial, ademais de aprender moitísimo sobre todo o proceso de produción.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiP_3asgLWHsfxLB0j-crBKmksS4X28YzW0dVQ7ucin7SygLosR2fabyTyvZYjETgGB-KSU-CENxC3WrUR4EHKC_8tZOQlrOLi81tH-LRb6xRrySoVOQ7yCJyNZFUUXoz5buOQP1XDUqME/s320/Visita+Grandal.jpg)
Esperamos máis visitas! Axúdannos a elexir profesión con máis coñecemento.