Premendo na seguinte imaxe poderedes ver a representación no Teatro Jofre de Ferrol da ópera creada e producida pola Compañía de Ópera Bombiglobo, formada polos alumnos e alumnas de quinto de primaria do CPI San Sadurniño.
xoves, 29 de xuño de 2017
martes, 27 de xuño de 2017
VÍDEO RESUMO DA GALA LÓVA
Premendo na imaxe enlazaredes a un vídeo resumo da Gala da Educación celebrada no Teatro Real de Madrid o 11 de xuño co gallo de celebrar o décimo aniversario do proxecto LÖVA en España.
h
mércores, 21 de xuño de 2017
ACTUACIÓN DA COMPAÑÍA DE ÓPERA "BOMBIGLOBO" NO TEATRO JOFRE
O día 20 de xuño a Compañía de Ópera Bombiglobo, formada polos alumnos e alumnas de quinto de primaria, deu o punto e final ás representacións da ópera creada neste curso "De camiño á realidade".
A actuación tivo lugar no Teatro Jofre de Ferrol e contou coa presenza de familiares, profesores e amigos que aplaudiron largamente ao remate da actuación.
Parabéns a toda a compañía polo traballo de todo o curso, polo ben que o fixeron, por disfrutar actuando e facernos vivir unha tarde moi emocionante.
Neste enlace tedes unha serie de fotografías da súa actuación.
GALA LÓVA NO TEATRO REAL DE MADRID
O domingo 11 de xuño celebrouse no Teatro Real de Madrid a "Gala da Educación 10 anos de LÓVA" para recoñecer o traballo que se leva feito nestes dez anos en aulas de toda España.
Así se recollía no programa da Gala:
10 anos de LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje)
"Dez anos de LÓVA son dez anos de traballo ben feito na aula, dez anos de construción dun modelo protagonizado por profesionais de 15 Comunidades Autónomas que levaron á aula, a miudo vencendo resistencias, unha maneira de aprender e unha maneira de vivir.
LÓVA forma parte dunha gran corrente de profesionais da educación que transforman a aula dende dentro. Traballan moito, coñecen como ninguén a realidade do seu alumnado, transmiten os valores que necesita a sociedade para ser máis xusta e abren camiños que despois configuran o sistema educativo. Neste día celebramos este traballo ben feito"
O noso centro foi invitado a participar na Gala e os alumnado das compañías Cazasoños e Bombiglobo tiveron o privilexio de actuar no escenario do Teatro Real. Un día inesquecible e cheo de emoción para todo o alumnado e o profesorado.
A Compañía de Ópera Bombiglobo representou un anaco da ópera que crearon no curso pasado A ponte dos soños. As escritoras desta compañía tiveron a sorte de cambiar impresións sobre a súa profesión co dramaturgo Juan Mayorga, un dos escritores de teatro máis importantes nestes momentos (Premio Nacional de Teatro, Premio Valle-Inclán, Premio Nacional de Literatura Dramática e varios premios Max de Teatro ao mellor autor e á mellor adaptación).
Premendo na imaxe tedes acceso á actuación da Compañía de Ópera Cazasoños e a conversa con Juan Mayorga
A continuación a Compañía de Ópera Bombiglobo interpretou dúas cancións da ópera que crearon neste curso "De camiño á realidade". No seguinte enlace podedes ver a súa actuación:
Acceso ao vídeo completo da Gala:
ESTREA DA ÓPERA "DE CAMIÑO Á REALIDADE" POLA COMPAÑÍA DE ÓPERA BOMBIGLOBO
O alumnado de quinto de primaria que forma a Compañía de Ópera Bombiglobo e que participa no proxecto LÓVA estreou a ópera creada por eles mesmos durante este curso.
A estrea tivo lugar o venres 2 de xuño na Casa da Cultura coa asistencia dos seus compañeiros e profesorado de infantil e primaria. O sábado 3 e xuño repetiron a actuación para os pais e público en xeral.
Así presentaban o director de escena e o director de produción a súa ópera:
"A nosa viaxe comezou en setembro cando formamos a nosa compañía. Dende o principio estabamos moi ilusionados con está viaxe que está chegando ao seu destino: representar a nosa Ópera: "De camiño á realidade".
O camiño foi moi duro, pero á vez moi divertido e emocionante. Tamén houbo moitos lastres que soltar para que o noso globo se elevase"
E así foi: parabéns a toda a compañía por ter conseguido que o voso globo se elevase e por poder disfrutar dunha representación extraordinaria.
E como eles dín no seu discurso:
"Próxima parada o 11 de xuño no Teatro Real de Madrid e última parada o 20 de xuño no Teatro Jofre de Ferrol"
Premendo na seguinte imaxe podedes ver algunhas fotos da súa actuación:
O PROXECTO LÓVA DO CPI SAN SADURNIÑO NO "I FORO DA EDUCACIÓN"
O sábado 2 de maio celebrouse no Pazo de Congresos de Vigo o I Foro de Educación, organizado polo Faro de Vigo.
O noso centro foi invitado a participar xunto con Pedro Sarmiento, coordinador nacional do Proxecto Lóva, para desenvolver o obradoiro “Da emoción á aprendizaxe. Proxecto LÓVA”.
Reproducimos a continuación a referencia que aparecía no programa do Foro:
Obradoiro: “Da emoción á aprendizaxe. PROXECTO LÓVA” -
Impartido por PEDRO SARMIENTO e CPI SAN SADURNIÑO
Pedro Sarmiento e o CPI San Sadurniño impartirán o obradoiro "Da emoción á aprendizaxe. Proxecto LÓVA". Crear unha ópera e lanzar unha mensaxe ao mundo é un gran reto. Para superalo, a clase necesita aprender, esforzarse e traballar unida. Por iso, o coordinador do proxecto, plantexa un taller participativo no que vivir as emocións ás que se enfronta unha clase que se converteu nunha compañía de ópera.. Entre as capacidades que a experiencia LÓVA logrou desenvolver nos estudantes figuran o traballo en equipo, a responsabilidade, a autonomía, a relación ou a conciencia emocional.
Alumnado representante das compañías de ópera Botón, Cazasoños (que no curso pasado participaron no Proxecto Lóva) e Bombiglobo (que está realizando este ano o proxecto), trasládaronse a Vigo, acompañados dos seus pais e dos mestres, para falar da súa experiencia.
Eles sós foron quen de dirixir e organizar os dous obradoiros, facendo que os adultos participasen nunha serie de xogos e dinámicas coas que explicaron o proxecto e respostaron ás cuestións que lles plantexaron na sesión.
Parabéns aos alumnos e alumnas por facernos disfrutar dunha xornada inesquecible pola emoción que souberon transmitir.
Premendo na seguinte imaxe teredes acceso a un pequeno vídeo con algunha das dinámicas realizadas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)