O domingo 11 de xuño celebrouse no Teatro Real de Madrid a "Gala da Educación 10 anos de LÓVA" para recoñecer o traballo que se leva feito nestes dez anos en aulas de toda España.
Así se recollía no programa da Gala:
10 anos de LÓVA (La Ópera, un Vehículo de Aprendizaje)
"Dez anos de LÓVA son dez anos de traballo ben feito na aula, dez anos de construción dun modelo protagonizado por profesionais de 15 Comunidades Autónomas que levaron á aula, a miudo vencendo resistencias, unha maneira de aprender e unha maneira de vivir.
LÓVA forma parte dunha gran corrente de profesionais da educación que transforman a aula dende dentro. Traballan moito, coñecen como ninguén a realidade do seu alumnado, transmiten os valores que necesita a sociedade para ser máis xusta e abren camiños que despois configuran o sistema educativo. Neste día celebramos este traballo ben feito"
O noso centro foi invitado a participar na Gala e os alumnado das compañías Cazasoños e Bombiglobo tiveron o privilexio de actuar no escenario do Teatro Real. Un día inesquecible e cheo de emoción para todo o alumnado e o profesorado.
A Compañía de Ópera Bombiglobo representou un anaco da ópera que crearon no curso pasado A ponte dos soños. As escritoras desta compañía tiveron a sorte de cambiar impresións sobre a súa profesión co dramaturgo Juan Mayorga, un dos escritores de teatro máis importantes nestes momentos (Premio Nacional de Teatro, Premio Valle-Inclán, Premio Nacional de Literatura Dramática e varios premios Max de Teatro ao mellor autor e á mellor adaptación).
Premendo na imaxe tedes acceso á actuación da Compañía de Ópera Cazasoños e a conversa con Juan Mayorga
A continuación a Compañía de Ópera Bombiglobo interpretou dúas cancións da ópera que crearon neste curso "De camiño á realidade". No seguinte enlace podedes ver a súa actuación:
Acceso ao vídeo completo da Gala:
Ningún comentario:
Publicar un comentario