mércores, 21 de xuño de 2017

ESTREA DA ÓPERA "DE CAMIÑO Á REALIDADE" POLA COMPAÑÍA DE ÓPERA BOMBIGLOBO

O alumnado de quinto de primaria que forma a Compañía de Ópera Bombiglobo e que participa no proxecto LÓVA estreou a ópera creada por eles mesmos durante este curso.
A estrea tivo lugar o venres 2 de xuño na Casa da Cultura coa asistencia dos seus compañeiros e profesorado de infantil e primaria. O sábado 3 e xuño repetiron a actuación para os pais e público en xeral.
Así presentaban o director de escena e o director de produción a súa ópera:

"A nosa viaxe comezou en setembro cando formamos a nosa compañía. Dende o principio estabamos moi ilusionados con está viaxe que está chegando ao seu destino: representar a nosa Ópera: "De camiño á realidade".
O camiño foi moi duro, pero á vez moi divertido e emocionante. Tamén houbo moitos lastres que soltar para que o noso globo se elevase"

E así foi: parabéns a toda a compañía por ter conseguido que o voso globo se elevase e por poder disfrutar dunha representación extraordinaria. 

E como eles dín no seu discurso:
       "Próxima parada o 11 de xuño no Teatro Real de Madrid e última parada o 20 de xuño no Teatro Jofre de Ferrol"
Premendo na seguinte imaxe podedes ver algunhas fotos da súa actuación:

Nas seguintes ligazóns tedes acceso á información sobre a estrea:
Nota de prensa da Consellería de Cultura



Páxina web do Concello de San Sadurniño
Diario de Ferrol

Ningún comentario:

Publicar un comentario