domingo, 15 de xaneiro de 2017

O PROXECTO LÓVA DO CPI SAN SADURNIÑO FINALISTA NA VII EDICIÓN DO “CONCURSO DE BBPP EDUCATIVAS”


A Asociación “Mejora tu Escuela Pública” convocou a VII edición do seu concurso de Boas Prácticas Educativas, no que podían participar as experiencias educativas levadas a cabo durante o curso 2015-16 en centros públicos do Estado Español.

A Asociación “MEP” é unha asociación promovida por profesores, directivos, pais e nais da escola pública, de carácter civil, recoñecida de Utilidade Pública , que busca contribuír á mellora do ensino público.

O CPÎ San Sadurniño presentou ao concurso o Proxecto Lóva desenvolvido durante o curso 2015-2016 nos cursos de sexto de infantil e quinto de primaria, consistente na formación dunha compañía de ópera para crear e producir unha ópera orixinal

Presentáronse 240 centros de toda España e aínda que non fomos un dos centros premiados, o traballo “Unha ópera na escola. Proxecto Lóva. CPI San Sadurniño” aparece na acta como un dos oito traballos finalistas dentro da modalidade A - Centros de Infantil, Primaria e Educación Especial.

Na acta do xurado do 12 de xaneiro de 2017 faise referencia á grande calidade dos traballos presentados nesta convocatoria e que o proxecto do noso centro, igual que os outros finalistas, “é merecedor de recoñecemento público e así contribuír á difusión e posible réplica destas prácticas noutros centros, para a contribución e mellora da calidade da escola pública”


A NOTICIA NA PRENSA

LA VOZ DE GALICIA

DIARIO DE FERROL

WEB DO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO


Ningún comentario:

Publicar un comentario