martes, 15 de novembro de 2016

QUE ARRECENDO!!!

A compañía Bombiglobo estivo a facer galletas. As familias axudaron na elaboración e o personal do comedor da escola prestó o seu lugar de traballo e deu todas as facilidades. Así dá gusto! Que ganas de comelas! Pero non pode ser... Son para vender e así financiar a ópera.
Antes calcularon os gastos

luns, 7 de novembro de 2016

AS VISITAS DOS PROFESIONAIS

Dende o mes de outubro estamos a recibir visitas de expertos que informan aos rapaces das diferentes profesións que interveñen nunha ópera. Estiveron con nós os membros da Compañía Cazasoños e algúns de Pegadas Musicais. Cazasoños falaron da súa experiencia participando en LÓVA o curso pasado.
A Compañía Bucanero comparteu un anaco da mañá do luns para falar sobre todo do traballo de intérprete. Os cativos e mais os mestres pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas novas.
O martes pola tarde estivo Nacho Iglesias explicando o chulo que resulta escribir, o que sinte o escritor cando ve a súa obra representada no escenario e o efecto que iso produce noutra xente.
Tamén nos visitaron Elena Beceiro e Adrián Castro, alumnos que formaron parte da compañía Pegadas Musicais, e que nos contaron como foi a súa experiencia como directora de escena e como director de produción.
Roberto Grandal estivo con nós para achegarnos un pouco máis a todo o que ten que ver co traballo de produción. Preparamos un corto que dura un minuto e pasámolo xenial, ademais de aprender moitísimo sobre todo o proceso de produción. Esperamos máis visitas! Axúdannos a elexir profesión con máis coñecemento.

venres, 4 de novembro de 2016

A COMPAÑÍA XA TEN NOME: "BOMBIGLOBO, COMPAÑÍA DE ÓPERA"

Despois de moito pensar en quen son como individuos e como compañía, facer propostas e debater... Chegaron a chamarse BOMBIGLOBO. Este nome deriva de "Bombilla dos pensamentos" e "Os globos".Estas dúas metáforas, iluminar coas ideas e elevarse durante o proceso da ópera a medida que se solta o lastre, foron unidas para ter o nome. BOMBIGLOBO COMPAÑÍA DE ÓPERA. O pasó seguinte é buscar logotipo, para iso analizaron como son os logos.
Ver Aquí están os deseños... Cal será o elexido?